Tras crear gratuitamente a túa conta como pai ou nai en MindED – Éxito Académico, obterás unha proba gratuíta con acceso ilimitado. Unha vez remate a proba gratuíta, para seguir gozando de todo o que che ofrece MindED será necesario adquirir unha subscrición.
Pasos para adquirir unha subscrición:
1. Unha vez rematada a proba gratuíta, na parte superior do panel de control poderás adquirir unha subscrición premendo “Activar subscrición”.

2. Le as vantaxes que ofrece MindED e preme “Aproveitar os meus 14 días”.

3. Preme o botón Comezar agora! para ver os distintos plans.

4. Pagar a subscrición.
Escolle o plan de subscrición que che interese. Podes escoller un plan mensual ou anual facendo clic na opción correspondente. Unha vez escollido o plan, activa os 14 días gratuítos para ir á pasarela de pagamento.

4.1. Abrirase a páxina de pagamento. Para finalizar a túa compra, selecciona o método de pagamento dispoñible**, introduce os datos de pagamento solicitados, acepta as condicións de servizo e a política de privacidade da plataforma de pagamentos e fai clic no botón azul de pagamento.
**Se escolles pagamento con tarxeta bancaria, ten en conta que o nome do titular da tarxeta debe cubrirse con letras latinas maiúsculas, exactamente como aparece na túa tarxeta.

Tras o pagamento, terás acceso inmediato á subscrición que compraches.
Se tes algunha pregunta, podes contactar co noso equipo de soporte enviando un correo electrónico a soporte@minded.es.
